xoves, 4 de xuño de 2015

FINALIZACIÓN DA ACTIVIDADE MULTIDISCIPLINAR PROXECTO MATEMÁTICO

O 28 de maio remataba a actividade interdisciplinar Proxecto matemático que desde o mes de xaneiro veu facéndose cada semana na biblioteca do centro ou mesmo na aula de Informática.
Como xa sabedes, esta actividade estivo coordinada polo equipo de biblioteca e realizouse en colaboración cos departamentos didácticos do centro.
Foron 14 as actividades que se realizaron nas que semanalmente cada departamento, seguindo unha orde establecida de participación, deseñou e propuxo ao alumnado.
En canto ao alumnado participante, a maioría foron nenos e nenas do 1º ciclo, aínda que houbo alumn@s participantes doutros cursos da ESO e de BACH.Tod@s@os alumn@s participantes posuían un carnet  onde ían sumando puntos por gañar na resolución dos exercicios. Dicirvos que o vindeiro 18 de xuño, durante o recreo na biblioteca, entregararanse os PREMIOS aos gañadores e participantes, asi que alí vos esperamos!!
O equipo de biblioteca, valorou moi positivamente dita actividade, animando a tod@s, tanto profesorado como alumnado a seguir participando. E non queremos rematar esta entrada sen agradecervos a alumnos/as e profesorado que tomou parte nesta iniciativa a vosa colaboración.

                        A TOD@S, MOITAS GRAZAS!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario