sábado, 28 de marzo de 2015

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Como sabedes, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil é unha data importante porque con ela inaugúrase o MES DO LIBRO xunto coa data do 23 de abril.

Deixamos aquí o cartaz que este ano se lle adica a este Día Internacional do Libro Infantil.


Podedes ter máis información sobre isto premendo nesta ligazón

TEXTO DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O NOSO IES CELEBROU O DÍA DO TEATRO

Onte, día 27 coincidindo co Día Internacional do Teatro a biblioteca do centro quixo celebralo, como xa comentamos nunha entrada máis abaixo.
Nen@s de 1º da ESO representaron unha parte da obra que xa tiveran a oportunidade de ler  no 1º trimestre e que lles gustara moito Nunha praza calquera de Cándido Casal.
A verdade é que Denisse, Lorena, Felipe e Diego fixérono de marabilla e ao público encantoulle a súa representación teatral porque ademais levaba unha boa carga de humor.
Rapazas, rapazas... demostrástesnos que valedes moito tamén para isto... moitos parabéns!!!




Podesen ver un par de vídeos curtiños deste momento durante o recreo.

Nunha praza calquera 1
Nunha praza calquera 2

venres, 27 de marzo de 2015

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e na biblioteca do IES queremos celebralo cunha representación teatral a cargo de alumnado de 1º da ESO. No tempo de recreo poderemos ver a nen@s actuar representando unha pequena  parte da obra "Nunha praza calquera" . Hai que dicir que esta obra literaria lérona no 1º trimestre deste curso dentro do  programa de fomento da lectura "Ler todos xuntos".
Agardamos que poidades pasar un tempo divertido.



xoves, 26 de marzo de 2015

SOLUCIÓN Á ACTIVIDADE POBOACIÓN MUNDIAL. GAÑADORA.

O mércores pasaron pola biblioteca os alumnos/as para resolver a actividade proposta polo departamento de Ciencias Sociais e Historia, que tiña por título A poboación mundial, dentro do programa anual Proxecto matemático. Aquí queda a solución e premendo na seguinte ligazón, podesdes vela

POBOACIÓN MUNDIAL


A gañadora desta actividade foi a alumna Lucía Lourido Cigarrán de 1º ESO.

                                                                                                                                                               
                                                  Moitos parabéns, Lucía!!!




domingo, 22 de marzo de 2015

NO IES CONMEMORAMOS O DÍA DA POESÍA

Durante uns días, para facer a nosa homenaxe ao Día Mundial da Poesía, os departamentos de Linguas: Galego, Castelán, Francés e Inglés, estivemos traballando nas clases con poesía e o alumnado creou os seus propios poemas pasando así momentos moi divertidos ao tempo que comprobaron que facer poesía non é cousa  de xente rara nin é algo que resulte difícil de facer. Descubriron que calquera deles leva dentro un mundo de sensacións e de sentimentos que poden expresalo dun xeito menos convencional.
Todos os poemas que o alumnado foi creando, estiveron expostos dentro do libro-mural que a Biblioteca do centro ten ao longo deste curso na entrada do instituto. Aproveitouse o papel reciclado que as rapazas e rapaces elaboraron nas clases de Ciencias Naturais para ir colocando nesas follas as creacións literarias que idearon.
A Biblioteca, ten previsto ademais, que con ese papel reciclado que contén tanta poesía se poida facer un libro que será exposto no mes de abril, coincidindo co MES DO LIBRO. Un bonito traballo que hai que agradecer a tod@s @s participantes.

Podedes ver este traballo neste vídeo recompilatorio

ARGALLANDO POESÍA

NOVO LIBRO DRAGAL

Estamos ás portas de que saia nas librarías o novo libro de Elena Gallego Abad, ampliándose así o que xa era unha triloxía DRAGAL. Esta nova obra da saga leva por título Dragal IV " A estirpe do dragón". Hai que agardar unhas semanas... en abril xa estará á venda.



Na biblioteca do centro xa tedes a triloxía completa por se desexades lela nestas vindeiras vacacións, pero ademais hai futuros proxectos dos que podedes informarvos consultando o blog do ENDL enmuponte.blogspot




sábado, 21 de marzo de 2015

HUMOR PARA A POESÍA

Un pouco de humor neste día 21 da man de Cruz y Raya.

CRUZ Y RAYA

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

A poesía defínese como "Composición literaria que se concibe como expresión artística a través da palabra, en especial aquela que está suxeita á medida e á cadencia do verso".
Hoxe 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía... parabéns a tod@s os que cremos na palabra... longa vida @s poetas!!!


mércores, 18 de marzo de 2015

A POBOACIÓN MUNDIAL

Unha nova actividade para o Proxecto matemático que está a organizar a biblioteca cos departamentos didácticos é a que presenta o seminario de Ciencias Sociais e que leva por título A poboación mundial. Unha vez máis, o prazo que vos damos para preparala é de unha semana, ata a súa realización o 25 de marzo. Ata esa, entón, que nos veremos na biblioteca no tempo do recreo.

POBOACIÓN MUNDIAL

sábado, 14 de marzo de 2015

O MOMENTO PI


Este momento, o momento Pi, non se volve a celebrar até o século próximo. Hoxe os matemáticos celebran este evento. Se queredes saber algo máis deste enigmático número, vede a información que o diario El País nos trae hoxe nas súas páxinas.

O NÚMERO PI








mércores, 11 de marzo de 2015

ROBOT SEGUIDOR DE LIÑA

É a quenda do departamento de Tecnoloxía presentando a súa actividade para o Proxecto matemático. Como sempre se fai, estará no blog unha semana para que a vexades e así o mércores 18 no tempo do recreo, se poida resolver na biblioteca.
Para ver a actividade premer na ligazón seguinte:

ROBOT SEGUIDOR DE LIÑA

GAÑADORES DA ACTIVIDADE CIENCIAS NATURAIS DO PROXECTO MATEMÁTICO

Na actividade Ciencias da Natureza do departamento de Bioloxía, quedaron finalmente como gañadores os seguintes alumn@s:





                                               PARABÉNS   e.... a seguir participando!!!

domingo, 8 de marzo de 2015

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O Equipo da biblioteca do noso IES tamén se quere sumar á celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.
Aquí deixamos un vídeo sobre a orixe desta data e ao mesmo tempo un documento, o que sería o primeiro MANIFESTO FEMINISTA da man de Rosalía de Castro publicado e Galicia e probablemente en España.

VÍDEO

MANIFESTO

venres, 6 de marzo de 2015

DÍA DE ROSALÍA ENTRE O ALUMNADO

Ao igual que tamén fixemos no blog do EDL, hoxe subimos aquí os videos que prepararon as nenas e nenos de 1º e 2º de ESO para celebrar o Día de Rosalía. Baixo o lema EU SON ROSALÍA, recitaron uns versos do libro Cantares Gallegos e así conmemoraron o 178º aniversario da escritora galega.

VÍDEO 1º ESO

VÍDEO 2º ESO

CIENCIAS DA NATUREZA

O departamento de Bioloxía e Ciencias da Natureza e o seguinte en amosar a actividade que presenta para desenvolver o Proxecto matemático con carácter disciplinar . Tedes até o mércores día 11 para poder vela aquí e ir pensando na súa solución. Daquela, verémonos na biblioteca do centro para tentar resolvela e como cada mércores, quen dea a solución axeitada, ir sumando puntos no seu carnet de participante.

                                                         A POR ELAAAA!!!



AS CIENCIAS DA NATUREZA

GAÑADORES DO SUDOKU MUSICAL

Ofrecémosvos os nomes d@s gañador@s na  actividade SUDOKU MUSICAL plantexada polo departamento de Música e que podedes ver premendo no link seguinte

SUDOKU MUSICAL

     

                                                          NORABOA!

A solución musical definitiva  desta actividade que nos ofreceron Laura  e Jairo foi as seguinte:

LIGAZÓN A YOUTUBE












xoves, 5 de marzo de 2015

SOLUCIÓN AO SUDOKU MUSICAL

Podedes consultar xa a solución ao SUDOKU MUSICAL que se realizou entre o mércores e o xoves, no tempo do recreo como actividade que planteou o departamento de Música dentro  do Proxecto matemático.

SOLUCIÓN SUDOKU MUSICAL