xoves, 18 de decembro de 2014

LECTURAS PARA O NADAL

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións de lectura para o alumnado do centro. Se vos animades, podedes incluílas como  as vosas peticións para o Nadal... en todo caso, desfrutade delas.




..





                      BO NADAL E FELICES LECTURAS!!!





A TENDA

Onte, o Departamento de Matemáticas puxo mans á obra á  actividade A TENDA.
  Consistiu en crear unha tenda para que o alumnado manexara as fraccións e involucralos na creación dun negocio.
Eles tiñan que traer os produtos que se venderon,( algún deses, feito na clase, como o caleidoscopio de papel) . Houbo que traballar con cifras decimais.
Tiñan que encargarse de vender os produtos (había un dependente e un caixeiro). Elaboráronse as etiquetas para cada produto e axudaron a poner a tenda bonita (decoración dun mostrador). Tamén se elaborou diñeiro ficticio.
O día da actividade, deuselle a cada alumn@ 5 € para gastar na tenda; se o remataban e querían mercar máis, podían pedir 5€ máis como máximo.
Cada alumn@ tiña que escribir nunha nota o que gastou e o diñeiro que lle quedou de forma decimal e en fracción.
Como se partiu dun capital inicial de 345€ e dado que todos os produtos que se venderon, aportáronos eles, non se gastou diñeiro na mercancía. Ao remate, tamén tiveron que reflectir o capital final da tenda.


Resultou todo un éxito que no futuro se agrada que se repita. Houbo moit@s compradores e o alumnado quedou moi satisfeito cos resultados... @s profes tamén!!





domingo, 14 de decembro de 2014

A TENDA DAS CONTAS

O departamento de Matemáticas, en colaboración coa biblioteca do centro, vai poñer a andar a TENDA DAS CONTAS.
Esta actividade está pensada para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Consiste en crear unha tenda para vender obxectos que traian das súas casas (fundamentalmente agasallos).
O obxectivo que  se procura con  esta actividade é que as alumnas e alumnos manexen o diñeiro para traballar as fraccións e implicalos no traballo que conleva crear un negocio.

Será para o día 17 de decembro no tempo do recreo e no andar da entrada ao instituto.


"Un hombre es como una fracción cuyo numerador corresponde a lo que él es, en tanto que el denominador es lo que cree ser. Cuanto más grande es el denominador, más pequeña es la fracción."  (Tolstoi)




















mércores, 10 de decembro de 2014

AGASALLOS

O Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais quixo agasallar ao alumnado máis cativo pola súa participación e os seus traballos no mes da Ciencia, obsequiándoo cuns marcapáxinas. Mirade que chulos son...






martes, 2 de decembro de 2014

ACELERACIÓN E CONSTANTE ELÁSTICA 4º ESO

O cálculo da aceleración dun obxecto que descende por un plano inclinado e a determinación da constante elástica dun resorte, foron obxecto dunha práctica coas alumnas e alumnos de 4º da ESO. No laboratorio de Física, aportaron o seu gran de area para a celebración do mes das Ciencias nas bibliotecas escolares.

A MAMBA NEGRA

Práctica feita polo alumnado de 3º da ESO e dirixida polo profesor do Departamento de Física e Química: Determinación de densidades de distintos corpos... que ben o pasaron!!!


Práctica de 3º ESO

EXTRACCIÓN DE ADN

O Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais, no  mes de novembro, o mes  da Ciencia nas bibliotecas escolares, levou a cabo unha práctica cos rapaces e rapazas de 4º da ESO. Aquí vos deixamos o documento onde podedes ver ao alumnado experimentando no laboratorio.



Experimento de 4º ESO



venres, 28 de novembro de 2014

AS MATEMÁTICAS CON HUMOR

A piques de rematar o mes das Ciencias nas bibliotecas, aquí deixamos un video  co monólogo de Eduardo Saenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidade de La Rioja para que vexades que as Matemáticas son para sempre...pero con humor, moito mellor!!


                      Ver aquí

mércores, 26 de novembro de 2014

AMORES QUE MATAN

NO IES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte 25 de novembro no centro foi un día de compromiso, especialmente: contra a violencia de xénero.

Colocamos a bufanda que se teceu con la de cores lila a modo de lazo sobre o libro expositor, que a biblioteca ten na entrada do centro.

Repartíronse as chapas a todos os membros do insti co primeiro lema gañador do Concurso de Lemas contra Violencia de Xénero. No tempo do recreo entregáronse os premios ás gañadoras, alumnas de 1º ESO, deste concurso:


             1º PREMIO para Celia Fiallega Gavín (Lema incrito na chapa)
             2º PREMIO para Sara Crecente Tojal 
             3º PREMIO para Sara Rodríguez Miranda 



No recreo, no andar da entrada, proxectouse a curta de Icíar Bollaín "Amores que matan".




Libro expositor curso 2014-2015

1º Premio de lemas (Celia Fiallega Gavín)

Sara Crecente, Celia e Sara Rodríguez

domingo, 23 de novembro de 2014

CALCETA PARA UNHA BOA CAUSA

A maioría das  actividades que se están a facer estas últimas semanas, a proposta do equipo de biblioteca, teñen unha mesma finalidade: concienciar e implicarse na loita contra a violencia de xénero. Outro labor que xa está en marcha e que parece que atrae a moita xente é o do” club da calceta”. Aquí tanto persoal docente, coma alumnado, exalumnado, mamás, persoal de cociña e calquera que queira poñerse mans á obra, pode tecer . A actividade consiste en facer unha macrobufanda, en cor lila, por suposto, que rematará sendo un gran lazo co que adornaremos  o andar da entrada ao edificio; será un labor que se comece este curso, pero que agardamos que teña continuidade nos vindeiros. Animádevos e seguide dándolle ás agullas!!






xoves, 20 de novembro de 2014

ALUMNADO DA ESO COA CIENCIA

Como xa sabedes, estamos no mes da Ciencia e o Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais levou a cabo unha sesión práctica cas nenas e nenos de 1º da ESO. Fixeron un concurso para resolver 2 sopas de letras onde se incluían termos científicos dos temas do Universo e a Xeosfera. A sesión que se celebrou na biblioteca estivo dirixida pola profesora Carmen Cabodevila.




OS GRUPOS GAÑADORES

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Un ano máis, o equipo de biblioteca do IES Enrique Muruais quere sumarse, nesta data especialmente,á contribución da erradicación desta lacra. Un día para a reflexión e para a educación, que ten como obxectivo lembrar a todas as mulleres e nenas que foron e son vítimas da violencia de xénero, e educar na implicación e denuncia a toda a sociedade para acadar eliminar os comportamentos violentos.
O equipo de biblioteca, xa levamos días preparando actividades para esta data e o primeiro que fixemos, foi convocar un curso de lemas coa finalidade de promover a loita contra a violencia de xénero. O concurso foi dirixido a todo o alumnado do centro, pero maioritariamente participaron os cursos da ESO. Xa temos o nome das gañadoras que foron alumnas de 1º ESO...O lema que quedou en 1º lugar, será o que se se inscriba nunha chapa e se reparta en todo o centro o día 25 de novembro. Ese día entregaranse uns diplomas moi chulos a estas alumnas durante o tempo do recreo.


DÍA DAS BIBLIOTECAS III

DÍA DAS BIBLIOTECAS II

DÍA DAS BIBLIOTECAS I

Para a celebración do Día das Bibliotecas, o mesde outubro pasado, as nenas e nenos de 1º ESO escribiron unhas pequenas historias na clase de Galego, que vos deixamos aquí.

luns, 17 de novembro de 2014

PRESENTACIÓN OFICIAL DE VÍA MUERTA

O venres día 7 de novembro a escritora santirseña Aurora García Rivas ( La Antigua, Santirso de Abres 1948) presentou na Casa da Cultura da Pontenova a súa nova novela Vía Muerta. Elexiu, precisamente este escenario para a súa primeira  presentación oficial, porque da Pontenova partía o tren mineiro Vilaodrid-Ribadeo que fai de fío condutor e dá nome a ese traballo que fará viaxar ao lector a un periodo comprendido entre 1833 e 1933, segundo as palabras da súa autora.
"Con esta novela intento poner de relieve la lucha de unas gentes, dos y tres generaciones atrás, que han sido los pilares de nuestra actual situación. Y, por supuesto, es un homenaje personal a mi tierra", precisa la autora en su blog. No en vano, la acción de "Vía muerta" discurre por los pueblos de San Tirso, Vegadeo, Ribadeo, A Pontenova o Riotorto, aunque también viaja Marruecos y Cuba de la mano de los personajes. Rivas indica que aunque es una novela coral hay tres personajes con especial protagonismo que son naturales de Vilaodrid, San Tirso y Ribadeo, tres puntos fundamentales del tren minero que vertebró la orilla del Eo entre 1903 y 1964." 
Despois do acto de presentación, a autora asinou exemplares ao público alí asistente.A novela está editada por Septem ediciones.








domingo, 16 de novembro de 2014

V XORNADAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Durante os días 7 e 8 deste mes en curso, celebráronse en Compostela un ano máis as Xornadas das bibliotecas escolares, esta vez era a quinta edición. En representación do noso centro, asistiu a elas a coordinadora da biblioteca Elena Aller González. Aquí vos deixamos a ligazón  na que se atopa un resumo do que foi e dos materiais que alí se compartiron: redeBE









xoves, 13 de novembro de 2014

O NOSO IES COA CIENCIA

A biblioteca do IES Enrique Muruais quere aportar o seu gran de area neste mes de novembro no Mes da Ciencia nas Bibliotecas. Para elo, adiantamos que os Departamentos de Bioloxía e Física e Química van participar en actividades lúdicas e de aprendizaxe co alumnado do centro.
O Departamento de Bioloxía levará adiante un concurso de Sopas de letras con  terminoloxía científica  dirixido ao alumnado do 1º ciclo da ESO.

Pla súa banda, o Departamento de Física e Química vai colaborar nesta efeméride cunha sesión práctica sobre A extracción do ADN. Irá dirixida ás alumnas e alumnos de 4º da ESO.

Nos próximos días poderemos subir ao blogue algunhas fotos sobre esas actividades... NON DEIXEDES DE VER O BLOGUE!!!

luns, 10 de novembro de 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS GALEGAS



Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto a modo de MANIFESTO do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da USC. Coñecido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado nas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

MULLERES DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

sábado, 25 de outubro de 2014

O LIBRO MÁIS GRANDE DO IES

Como xa vos contabamos noutra entrada, temos exposto no andar de entrada ao centro, un Libro grande de madeira que o equipo da biblioteca preparou para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares. Na súa preparación, tamén participou  Loli a profesora de Tecnoloxía co alumnado de 4º ESO. O Departamento de Tecnoloxía, xunto cos rapaces e rapazas dese curso foron quen elaboraron esas formas xeométricas que se inclúen nunha das caras interiores do libro e que están directamente relacionadas co lema deste ano das bibliotecas escolares. Pero é que este libro vainos servir de mostra para todas aquelas actividades que ao longo deste curso xiren ao redor da biblioteca.
Desde este recuncho, queremos agradecer esa valiosa axuda ao alumnado e a Loli que foi quen dirixiu ese labor....moitas grazas!!!

O día das Bibliotecas Escolares tamén sacacamos ao exterior   o libro do ano anterior de citas alusivas a dita conmemoración, para que quen quixese puidera deixar por escrito a súa reflexión.



24 de outubro, Día das Bibliotecas 

venres, 24 de outubro de 2014

EL NIÑO AL QUE SE LE MURIÓ EL AMIGO. ANA MARÍA MATUTE

O DÍA DAS BILIOTECAS NOUTRAS COMUNIDADES

Noutras comunidades autónomas, tamén se celebra esta data importante para as bibliotecas. Facendo unha homenaxe póstuma a Ana María Matute, inician as súas actividades cun pregón realizado por Antonio Rodríguez Almodóvar. Aquí  volo deixamos :


                                       PREGÓN HOMENAXE A ANA MARÍA MATUTE



   —¡Ana María, despierta!
   El príncipe se quedó contemplándola. Era guapa, el pelo negro, los ojos grandes, la boca carnosa. Luego la sacudió suavemente, por un hombro.
   Insistió: —Vamos, mujer, que ya es hora.
   Ana María, solo después de un rato, empezó a moverse. Primero movió un dedo, luego una ceja, luego entreabrió un ojo.
    —¿Y tú… quién… eres? –preguntó, no sin gran esfuerzo.
   —¡Soy el Príncipe Azul!
   —¿El qué?
   —El príncipe… ¿No te acuerdas? Tenemos que amarnos.
   —¿Es obligatorio?
   —Claro, lo manda la tradición.
   —¡Pues entonces vete a hacer gárgaras!
   Ana María se giró hacia un lado y volvió a dormirse. El príncipe quedó sumamente desconcertado. Se incorporó del filo del lecho y se puso a pasear la estancia.Vio las telarañas del tiempo colgando de los pesados cortinajes, vio a un par de alabarderos durmiendo de pie, la nariz del uno apoyada en la nariz del otro. Vio, o mejor dicho, escucuchó la estridente sinfonía de ronquidos que le llegaban de todas partes de aquel palacio encantado; ronquidos atronadores de guardianes forzudos, ronquidos silbantes de cocineros exquisitos, ronquidos trascendentes de capellanes gordinflones, ronquidos, ronquidos… Como que tuvo que taparse las orejas para no ser víctima de aquel terremoto sónico… y entonces se dio cuenta: ¡el fuego de la chimenea también dormía! Se acercó, aproximó una mano a aquellas llamas petrificadas y quedó ensimismado… Luego de un tiempo incontable, levantó la vista y vio sobre la repisa una hilera de libros. Eran libros de cuentos, los únicos objetos de aquel lugar que no habían acumulado polvo ni telarañas. Con un temblique en el dedo índice de la mano derecha, impropio de todo un príncipe, fue recorriendo los títulos: Cuentos de antaño, de Charles Perrault, Cuentos de los hermanos GrimmCuentos de H. C. AndersenCuentos de Ana María Matute... Al leer este último, el corazón empezó a repicarle. Sacó el libro y lo abrió. Al azar fue leyendo: “Todos nos acostamos con el lobo, pero lo que no podemos hacer es confundirlo con la abuelita.” “La infancia es más larga que la vida”. “El que no ama está muerto”.
   Justo al acabar esta frase, cesaron los ronquidos y el fuego de la chimenea cobró repentina vitalidad. El príncipe se apartó.
   —Eso, ahora ponte a curiosear en mis cosas —oyó a sus espaldas.
   Levantó un poco más la vista y vio, en el espejo de la chimenea, cómo se incorporaba en su magnífico lecho una dama todavía más magnífica. Casi cien años de edad, el pelo totalmente blanco y la sonrisa totalmente pura.
   —¿Se puede saber qué día es hoy?
   —¿Hoy? —El príncipe no tenía ni la menor idea.
   —¡Me acabo de acordar!— Exclamó ella—. ¡Es 24 de octubre, día de la Biblioteca! ¡No te quedes ahí pasmao, que los niños nos están esperando! ¡Vamos, Príncipe Azul, mueve el culo!

Antonio Rodríguez Almodóvar

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. No noso IES o equipo da biblioteca colocou unha estrutura con forma de libro na entrada do centro, onde os andeis están cheos de xogos matemáticos e formas xeométricas, relacionados co lema das bibliotecas deste ano; os andeis, á súa vez, están cheos de libros. Mirade que chulo quedou...



domingo, 19 de outubro de 2014

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA NA BIBLIOTECA

Este xoves día 16 e o venres 17 comezaron os encontros e as lecturas cos clubs de lectores na biblioteca do noso IES. Coma en anos anteriores, hai dous grupos e están dirixidos e dinamizados por profesoras. O grupo dos Piratiñas están a ler o libro O agasallo de Anya de  Sabela Núñez Singala e o grupo dos grandes, os Piratas lerán Un radiante silencio de Agustín Fernández Paz.
Se desexades máis información, podedes atopala entrando no blog dos clubs de lectura


                                             piratasdoleo.blogspot.com.es


                                   

 


                                 

venres, 10 de outubro de 2014

A BIBLIOTECA COS PROFES E ALUMNOS EXTRANXEIROS

Á chegada ao centro dos profes e alumnos estranxeiros do programa Erasmus, atoparon os carteis cos que a biblioteca do centro lles deu a benvida ao noso país, á nosa terra. Os carteis contiñan unha frase de benvida en español e en galego e os visitantes debían contestalos cada un na súa lingua correspondente.
Ao remate da súa estadía na Pontenova, deuselles a cada grupo visitante o seu, para que o  levaran como un  recordo máis  do seu paso polo noso pobo.
Amosámosvos unhas fotos deses momentos.







xoves, 2 de outubro de 2014

QUENTANDO MOTORES

Estamos de volta, tratando de organizalo todo o máis rápido posíbel para que axiña poidades tod@s gozar dos novos proxectos e as novas actividades que neste curso 2014-2015 vos ten preparado a Biblioteca: os clubs de lecturas, o  Ler todos xuntos, os novos carnéts de lectores para todo o mundo. Imos de a pouco porque este ano hai novas incorporacións ao equipo de biblioteca e hai que poñerse ao día.

 Novamente, a  Asesoría das Bibliotecas Escolares enviounos o  cartaz das bibliotecas para este curso que leva por lema:


                                      Biblioteca escolar..... matemático!!!


A ilustración corresponde coa interpretación que do lema fixo David Pintor.




luns, 29 de setembro de 2014

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Un ano máis, ábrese o prazo para a inscrición nas Xornadas de Bibliotecas Escolares; este ano imos pola quinta edición. Serán en Compostela, no Pazo de Congresos e celebraranse os días 7 e 8 de novembro de 2014. Até o día 12 de outubro estará aberto dito prazo de inscrición.
Estas xornadas, veñen sendo unha cita anual co profesorado que mantén a xestión das bibliotecas nos centros e onde se poden compartir experiencias do máis gratificante.
O noso centro, estará representado pola coordinadora da biblioteca Elena Aller.


Cartel das V Xornadas de Bibliotecas Escolares

DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCIÓN

Coincidinco co Día Internacional da Tradución que se celebra o 30 de setembro, a biblioteca do centro quere celebralo cun motivo moi especial: a chegada ao noso centro de profesorado e alumnado de  Bulgaria, Estonia, polonia e Turquía, como froito dun intercambio que, desde o curso pasado, o noso instituto está a levar adiante no marco do programa Erasmus. Estarán connosco unha semana e o equipo da biblioteca quixo darlles a benvida cuns cartaces que se colocaron na entrada do centro.
cuns cartaces que se colocaron na entrada do centro.



mércores, 17 de setembro de 2014

BENVID@S AO NOVO CURSO 2014-2015

Benvid@s ao novo curso 2014-2015!! Aquí estamos de novo, outro ano e outro curso máis; un novo comezo, novas sorpresas e ledicias, novos encontros. Queremos darvos a benvida a toda a comunidade educativa, ás nais e pais, aos alumn@s que xa estabades nos cursos anteriores e especialmente ao novo alumnado de 1º ESO así coma ao  profesorado novo que se incorpora ao centro neste curso.
Agardamos con ilusión que nos visitedes moito e que fagades o maior uso de todo canto a biblioteca pode ofrecervos.


                        "Si tienes una biblioteca con jardín, lo tienes todo" (Cicerón)


martes, 1 de xullo de 2014

BO VERÁN!!!

O Equipo de Biblioteca do IES Enrique Muruais quere desexarvos un verán cheo de experiencias interesantes e... NON ESQUEZADES LER!!



luns, 30 de xuño de 2014

VIDEO RESUMO DAS VII XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA COMPOSTELA XUÑO 2014


Vídeo resumo do que foi a VII Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Santiago de Compostela o 6 de xuño de 2014, con asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura existentes en 215 centros de ensino secundario, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, da Comunidade Autónoma de Galicia. Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dentro do programa LÍA (Bibliotecas Escolares e Fomento da lectura en contexto educativo), dependente da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en colaboración co Servizo de Formación do Profesorado.

venres, 20 de xuño de 2014

LECTURAS VERÁN 2014

O Equipo da biblioteca do instituto quere recomendarvos ás familias unhas lecturas axeitadas ás idades dos vosos fillos e fillas, para que neste período vacacional dediquen un rato do seu tempo de lecer á lectura, actividade sumamente importante no seu proceso e progreso académico.

PARA 1º E 2º ESO


-      “O Castañeiro de Abril” de Antonio Manuel Fraga. Xerais.
Baltasar é un neno cego e orfo de nai, que vive cunhas tías, e que, co desexo de reunirse co seu pai, vende na praza dos Zoqueiros bailarina se soldadiños de madeira feitos po rel mesmo, ata que un día se atopa con Abril...
-      “El rostro de la sombra” de Gómez Cerdá. SM.
Adrián e os seus amigos teñen unha boa idea. En menos de 24 horas, o seu vídeo é o máis visto da rede. Pero, pensaron nas consecuencias do que fixeron?
-      “O neno can” de Fina Casalderrey e Francisco Castro. Galaxia.
Libro de relatos sobre nenos e nenas coma os demais, pero aos que se lles nega o dereito ao máis básico. Os textos que abren cada conto son adaptacións de artigos da Convención dos Dereitos da Infancia. Un magnífico libro para ler, gozar e sobre todo reflexionar.
-      “El anticlub” de Ángel Blanch. La Galera.
Un grupo de nove compañeiros de clase xúntanse para formar un club. A súa intención é loitar contra as inxustizas. Estas “accións anti” úneos máis que ningunha outra cousa.

-      “Estamos no verán” de Charo Pira e Xoán Curiel. Galaxia.
Novela-disco que nace da colaboración entre a escritora Charo Pita e o músico Xoán Curiel. En forma de diario, cóntasenos a historia dun grupo de amigos xusto cando o verán comeza. O seu soño: ter un grupo de música...
-      “El clan de Atapuerca. La maldición del Hombre Jaguar” de Álvaro Bermejo. Anaya.
Desde os xacementos de Atapuerca atraparanos esta narración do que lle acontece a catro adolescentes xunto co misterioso talismán de ollos de lume.
-      “Volvo! O regreso de Usha”, de María Reimondez. Xerais.
Novas aventuras de Usha e os seus amigos na aldea de Devastana.
-      “Alaia e a Deusa” de Tomás González Ahola.
Alaia, unha moza da tribo das nerios, ten que abandonar o seu castro natal para ir traballar á cidade de Thaladé, construída enriba do bravo Mar Poñente. Alí coñecerá a crueldade dos amos e as contradicións da mal chamada civilización, mais tamén descubrirá o maior dos segredos que gardan os seus túneles ancestrais.



                                   PARA 3º E 4º ESO

-      “Cazadores de sombras 5: La ciudad de las almas perdidas” de Cassandra Clare. Destino.
Quinta entrega da exitosa saga de “Cazadores de sombras”, unha fantasía urbana na que se dan cita vampiros, demos, fadas, homes-lobo... e, como non, un apaixonado romance e moita, moita acción.
-      “Flor de area” de Manuel Lourenzo González. Xerais.
Historia de unha moza iraquí que se atreveu a rachar coa tradición, nun país en guerra e baixo a dominación estranxeira.
-      “O país adormentado” de Xabier P. Docampo. Xerais.
Os habitantes do país de Glearim recibiron o don de non morrer mentres dormen. Será posible liberar o país da pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir?
-      “Ámote Leo A.: Destino Xalundes” de Rosa Aneiros. Xerais.
Leo quere coñecer mundo e, despois de que os seus amigos se botarán atrás, ela decide marchar: O Cairo e Istambul serán as primeiras paradas desta apaixonante viaxe, pero nos lugares máis insospeitados aparece unha enigmática pintada: “Ámote, Leo A.”.

-      “Silencio” de Fran Alonso. Xerais.
Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, configúrase esta novela de suspense...
-      “Yo soy Malala” de Malala Yousafzai. Alianza Editorial.
Un exemplo de loita pola educación das nenas na sociedade paquistaní que privilexia aos fillos varóns.
-      “O corazón de Xúpiter” de Ledicia Costas. Xerais.
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto.
-      “Nadie como tú” de J. A. Redmerski. Planeta.
Camryn ten vinte anos e está a piques de entrar nunha nova etapa da súa vida. Ten moitas ganas de ser ela mesma, de ser completamente independente, de deixar de ser unha nena para ser muller e dona do seu destino.



                               BOAS LECTURAS E BO VERÁN!!!



LECTURAS PARA O VERÁN ESO



xoves, 5 de xuño de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Sensibilizar e motivar á sociedade para que se involucre na conservación do medio natural é o obxectivo co que naceu esta efeméride. Hoxe día 5 de xuño, coma cada día do ano, temos unha obriga co noso planeta.



mércores, 4 de xuño de 2014

OBRADOIRO DE RECICLADO

Onte martes, en sesión de tarde celebrouse no IES un obradoiro medioambiental que consistiu en reciclar papel de xornais para facer distintas figuriñas : mariquiñas, flores, tartarugas... O alumnado do centro participou nesta actividade que coordinou o Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais xunto coa Biblioteca. Esta actividade enmárcase dentro da celebración do Día Mundial do Medioambiente o día 5 de xuño.





luns, 19 de maio de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA LIBERDADE DE PRENSA





CHARLA COLOQUIO A CARGO DE:



 ANXO RIVAS PARDEIRO (XORNALISTA DE RADIO FOZ)

JAIME CANCIO RODRÍGUEZ (PROFESOR DE F.P. E POLÍTICO)



         DATA: XOVES 22 DE MAIO

         HORA: 12,30 - 14,10

       

          AULA DE AUDIOVISUAIS



PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO, AGÁS 2º DE BACHARELATO

luns, 5 de maio de 2014

XORNADA DE INTERCAMBIO IES ENRIQUE MURUAIS - IES ILLA DE SARÓN

PROGRAMA



10:20  Chegada do alumnado do IES Illa de Sarón.

10:20 -10:50 Recepción e presentación do noso centro e contorna na aula de audiovisuais.


11:00 -13:30  Chegada aos Fornos. Recepción pola Concelleira de Turismo. Explicación sobre a orixe da vila e dos Fornos. Roteiro pola vía verde do antigo ferrocarril mineiro.

13:30 – 14:30  Xantar campestre na área recreativa de Saldoira.


14:30 – 15:30  Volta camiñando á Pontenova.

15:30 – 15:45  Chegada á Casa da Cultura e entrada.


16:10 – 17:30  Concerto de Sés.


          17:30 – 17:50  Volta ao instituto e despedida.






         Organizan: Biblioteca, EDL e Dpto. de Orientación IES Enrique Muruais





















venres, 2 de maio de 2014

SÉS EN CONCERTO NO IES ENRIQUE MURUAIS

Queriamos darvos unha sorpresa e por iso, esperamos case ao último...María Xosé Silvar, ou o que é o mesmo, SÉS, estará connosco o día 6 de maio na Casa da Cultura en concerto para todo o alumnado do centro.Será pola tarde, ás 16 horas e non estaremos s@s porque ese día coincide coa visita do IES Illa de Sarón de Xove que tamén van asistir aproveitando que se atopan na Pontenova. Esta actividade, programouse polo Equipo de Dinamización da Lingua dentro da celebración do Día das Letras Galegas xunto co Departamento de Orientación e a Biblioteca do centro. As persoas que formamos parte destes Departamentos, estamos seguras de que vai ser unha xornada especial para vós e na que ides pasalo moi, moi ben. Agora a poñervos as pilas e a pasalo ben coa música de Sés.

venres, 25 de abril de 2014

INTERCAMBIO DOS CLUBS DE LECTURA IES ENRIQUE MURUAIS - IES DE SARÓN DE XOVE

Unha das actividades que a Biblioteca escolar programou xunto do EDL e o Departamento de Orientación neste curso para os clubs de lectura, foi a dun intercambio co IES Illa de Sarón de Xove. O alumnado da ESO e de 1º de BACH pertencente a estes clubs, mantiveron correspondencia por medio de emails, whatssap e redes sociais co alumnado de Xove para coñecerse.O día 6 de maio poderán coñecerse in situ porque o IES de Xove visita o noso centro e máis tarde, o día 20 de maio será o noso centro o que lle devolva a visita ao IES Illa de Sarón.As profesoras que formamos parte do grupo de Biblioteca e dos clubs de lectura, estamos seguras de que esta, vai ser unha experiencia, ademais de enriquecedora, moi desexada por parte do alumnado ao teren a posibilidade de coñecer nenas e neos das súas idades e poder iniciar unha amizade que desexamos sexa duradeira. Dentro duns días, poñeremos aquí o programa que imos levar a cabo para ese primeiro día de reencontro.

xoves, 24 de abril de 2014

EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS POLO DÍA MUNDIAL DO LIBRO

E aquí tedes unha mostra das ilustracións que estes días está exposta na entrada do centro, na arboriña que este ano a biblioteca ten para colgar os traballos das actividades que se fan durante este curso 2013-2014. Non son as únicas...haberá máis que cada día iremos engadindo ás que xa hai.Son ilustracións de profesionais moi recoñecidos coma David Vela, Xosé Tomás,Jacobo Muñiz, María Simavilla e outr@s. Agardamos que vos gusten.

mércores, 23 de abril de 2014

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

O 23 de abril é o Día do Libro e dos Dereitos de Autor xa que esta data coincide coa data da morte de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega (1616). A Conferencia Xeral da UNESCO en 1995, decidiu rendir unha homenaxe universal aos libros e autores nesta data animando a todos, e en especil aos máis novos a descubrir o pracer pola lectura. Dende a Biblioteca do noso IES queremos celebralo facendo unha exposición de ilustracións de moi diversos libros e que ides atopala na árbore que está na entrada do centro.Entre todas esas ilustracións atópase unha moi especial para nós, realizada por José Tomás para o libro de Sabela "O agasallo de Anya". Agardamos que vos guste. Aquí vos deixamos tamén as imaxes do marcapáxinas co que a Consellaría de Educación agasalla este ano ás Bibliotecas escolares de Galicia e que leva incluído un texto de Paco Martín.
O código secreto que permite o acceso á sala de mandos da nave espacial exploradora de futuros itinerarios siderais. A bambeante escada de corda e táboas coa que abordar o áxil bergantín no que sucar mares ignotos na procura do eterno tesouro da ilusión. A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte promisorio. A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser.... O libro!

venres, 18 de abril de 2014

SOBRE GARCÍA MÁRQUEZ

“ Y Macondo llora la muerte de su fundador, el río grande de la Magdalena no tiene quien lo visite y el coronel se ha quedado sin quien le escriba... ahora todo esto nos prepara para cien años de soledad y en su tumba solo quedarán las memorias de unas putas tristes.” (Comentario recollido da rede)